FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO
PROPOSTA DE CONCENTRACIÓN PARA O SÁBADO 17 AS 18 HORAS
As
asociacións compoñentes do Foro Social de Cangas están a valorar a
convocatoria dunha concentración o próximo sábado 17 de febreiro as 18
horas.
O
motivo é expresar o rechazo a unha actuación xudicial de dúas velocidades:
rápida contra os veciños e veciñas de Cangas acusados de delito de coaccións
para paralizar as obras do porto deportivo, incluíndo a ameaza dunha actuación
policial contundente, e lenta para todos os expedientes xudiciais e
administrativos abertos contra os promotores do porto e a Autoridade Portuaria
de Vigo, tendo como exemplos o prolongamento no tempo de mais de un ano da
petición de paralización cautelar, a ralentización do expediente aberto pola
Fiscalía de Medio Ambiente por indicios de delito contra a ordenación do
territorio, falsidade documental e prevaricación (entre outros), ou a
falla de resposta de Costas á petición de apertura de expediente de deslinde
que clarifique o rexistro como propiedade privada dunha finca de dominio público
marítimo terrestre.
Estanse
a realizar contactos con asociacións interesadas na defensa do medio ambiente
do ámbito galego para que se sumen a concentración e expresar xuntos o
rechazo a un urbanismo destrutor que se atreve a saltarse as leis e presiona a
xustiza, forzas do orden e medios de comunicación para conseguir os seus
obxectivos.
Cangas
a 10 de febreiro de 2007

