FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO



CONCENTRACIÓN
EN CANGAS
S.O.S. MASSÓ
DOMINGO, DÍA 20, ÁS 12:00 H. NA ALAMEDA VELLA
CONVOCADA POR:
* FORO SOCIAL DE CANGAS *
* A RÍA NON SE VENDE *
* GALIZA NON SE VENDE *
A situación en Cangas é crítica:
A empresa Puentes y Calzadas está querendo forzar a recualificación dos terreos do Salgueirón mediante a ameaza de reinicio inmediato das obras do porto deportivo que a oposición veciñal ten paradas dende hai dous anos e medio.
Un novo Plan Xeral está iniciándose e este mesmo mes tense que presentar o seu avance.
Hai fortísimas presións sobre o grupo de goberno (ACE, BNG, PSdeG-PSOE) para o troco da actual cualificación de industrial a unha de residencial, con obxecto de desenrolar unha urbanización de luxo.
Os terreos pertencían á antiga conserveira Massó e teñen un altísimo valor patrimonial (están declarados como ben de patrimonio industrial), natural, botánico e, pola súa cercanía ao núcleo de Cangas, representan un pulmón vital para cubrir o tremendo déficit de Cangas en zonas verdes.
No mar, a construcción dun inmenso porto deportivo, nunha zona de escaso calado e gran riqueza pesqueira e marisqueira, modificaría as correntes da ría, deixando un canal de só 1,3 millas ate o macrorecheo de Bouzas, o que pode comprometer aínda máis o crítico estado de saúde dunha ría da que dependen miles de familias.
A lentitude da xustiza (hai máis de cinco denuncias en curso e dous contenciosos administrativos da Confraría de Cangas), a ambición de empresarios e financeiras (Caixanova), e o estudiado desleixo de múltiples políticos involucrados, pode permitir unha absurda pero tremendamente lucrativa
recualificación.
Non permitamos a consumación desta aberración
CANGAS NON SE VENDE
A RÍA NON SE VENDE
GALIZA NON SE VENDE
S.O.S. MASSÓ
Mobilización en Cangas contra a especulación
A concentración contra a recualificación dos terreos da antiga conserveira abre as actividades en conmemoración do Día da Terra, o martes 22.
Redacción Vieiros - 13:02 20/04/2008
Máis de trescentas persoas acudiron á concentración convocada pola plataformas A Ría non se vende, Galiza non se vende e o Foro Social de Cangas na Alameda Vella da vila do Morrazo baixo o lema S.O.S. Massó. A convocatoria, que pretendía amosar a oposición á recualificación de terreos da antiga conserveira para a construción dun porto deportivo e unha urbanización de luxo, abriu as actividades que se desenvolverán en todo o país para conmemorar o Día Internacional da Terra, que será o martes 22.
O acto comezou ás dez da mañá, cun roteiro en bicicleta dende a Praza do Rei, en Vigo, seguido de intercambios e mesas informativas en Cangas. O
luns, ás sete da tarde, haberá unha charla-coloquio sobre os impactos do cambio climático na biblioteca do Casco Vello da cidade olívica.