CANGAS NON SE VENDE

FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

3.000 personas recuerdan a la Xunta sus compromisos con la defensa del territorio
Decenas de colectivos se organizan al margen de los partidos contra la depredación territorial

PABLO LÓPEZ - Santiago - El Pais- 07/05/2007



Los más condescendientes lo llamaron "toque de atención". Otros, más inflexibles, denunciaron "alta traición". Unas 3.000 personas tomaron ayer las calles de Santiago en defensa del territorio y ante la "depredación" de la costa y de los enclaves de mayor interés ecológico. Todos ellos, unidos por un malestar en distinto grado con el Gobierno gallego, del que se pretende una ruptura más clara con el pasado. Decenas de colectivos se organizaron al margen de los partidos políticos bajo el lema "Galicia non se vende", en una convocatoria que pretendió revivir el espíritu de Nunca Máis.

 


* Destrucción irreparable
El espíritu de las movilizaciones que siguieron al naufragio del Prestige planeó sobre las alrededor de 3.000 personas que salieron al tibio sol primaveral de Santiago para proclamar que "Galicia no se vende". Sin más pancartas partidistas que las de alguna organización nacionalista juvenil, 36 colectivos organizados contra otros tantos proyectos lesivos con el patrimonio natural desfilaron entre la Alameda y la Plaza de la Quintana, el mismo recorrido que un lluvioso 1 de diciembre siguieron para gritar por primera vez "nunca máis".

Las estrellas de la reunión fueron la planta de Reganosa en la ría de Ferrol y las piscifactorías en zonas protegidas. Pero la lista es mucho más larga: desde la macrodepuradora de Coruxo, en Vigo, a la fraga de Menáncaro, en Ferrol, pasando por el proyecto de Marina Atlántica en la antigua conservera de Massó, en Cangas. Vigo se consolidó como el punto del territorio gallego con más pleitos ambientales pendientes, como el puerto deportivo de A Lagoa, en Teis, el proyecto de ronda de circunvalación o el nuevo relleno de Bouzas. Los detractores de las piscifactorías de Baroña (Porto do Son) y Quilmas (Carnota) o los defensores del parque de Rosalía de Castro de Lugo también se sumaron.

Pero fueron Reganosa y las piscifactorías de Baroña y Quilmas las que movilizaron a más manifestantes, y las que destacó en su discurso el coordinador general de la asociación ecologista Verdegaia, Xan Duro, que actuó ante el micrófono, ya en la Quintana, como maestro de ceremonias, antes de que un grupo de intelectuales y artistas leyera el manifiesto de la convocatoria.

"Algo muy grave está pasando en Galicia", clamó la actriz Mabel Rivera, encargada de la lectura de los primeros párrafos del manifiesto. "Combinando abandono y una extrema ambición depredadora, llevamos décadas destruyendo el territorio", reza el manifiesto, que denuncia: "Urbanismo caótico, infraestructuras de transporte irracionales, campos de gol, puertos deportivos, embalses, piscifactorías, parques eólicos indiscriminados, paseos marítimos y fluviales rígidos, rellenos, monocultivos de especies exóticas e invasoras, nulo respeto por las figuras de protección ambiental y los espacios naturales protegidos". Todo ello, con el agravante de la "inexistencia de una ordenación territorial sostenible".

Había colectivos de protección de la naturaleza detrás de la convocatoria, pero también culturales. Y muchos arquitectos e intelectuales, algunos de ellos, con su firma en apoyo del manifiesto de la movilización. Como Manuel Rivas, Xosé Luis Méndez Ferrín, Xosé María Álvarez Cáccamo, Francisco Sampedro, Suso de Toro o Fran Alonso. "Pensamos que la actual Xunta de Galicia y los ayuntamientos que salgan de las próximas elecciones deberán coordinar sus esfuerzos", se escuchó en la plaza de la Quintana, antes de que el manifiesto reclamara un plan director de ordenación del territorio. "Sin planificación central y democrática de la ordenación territorial, el caos se perpetuará".
Vida digna para todos

Como corresponde a una movilización que pretende ceder el protagonismo a la sociedad civil, las caras conocidas desfilaron perdidas entre el gentío, y la pancarta de la cabecera la sujetaban representantes de unos cuantos colectivos de la plataforma. "Galicia non se vende. Terra viva e vida digna para todos", se podía leer en la primera fila. Bombos, gaitas y panderetas animaron la marcha, mientras se coreaban consignas como "Touriño, aprende, Galicia no se vende", "Non, non, non, á especulación" o "la ley del litoral llega tarde y llega mal". Por encima de todas ellas, la más repetida: "A ría é nosa, e non de Reganosa", de los manifestantes de Ferrol.

La convocatoria no pudo competir con el día que los paraguas tomaron Compostela mientras una gran mancha de petróleo iba ensuciando toda la costa gallega, pero sus registros dejaron satisfechos a los organizadores. Como resumió Xan Duro, de Verdegaia, el de ayer era "el principio de un largo camino".
Destrucción irreparable

La situación de destrucción del territorio gallego exige "un golpe de timón", para mudar un rumbo que conduce "al suicidio colectivo". Las frases grandilocuentes abundaron en el discurso final y en las intervenciones de los organizadores. Sin necesidad de apelar al cambio climático y sus desastrosas consecuencias, los que ejercieron de portavoces pusieron el acento en una multitud de pequeñas -y no tan pequeñas- agresiones al territorio, que están generando lo que Xan Duro, coordinador general de la ecologista Verdegaia, tachó de "destrucción irreparable".

"La situación del territorio gallego es, en ciertos aspectos, catastrófica", se escuchó en la plaza de la Quintana de Santiago. "Un terremoto de especulación y de depredación de la tierra y del mar está destruyendo nuestra naturaleza, nuestro paisaje y nuestra forma de vida. Están destruyendo, por lo tanto, la propia identidad de Galicia. Sonó la hora de que digamos basta", añadieron los lectores del manifiesto. De ahí que llegara el aviso en plenas vísperas electorales. No fue ninguna coincidencia.


A situación do territorio galego é catastrófica. Por unha banda, o factor agrícola e gandeiro desaparece literalmente da superficie do País e, pola outra, un urbanismo disparatado, unha forestación masiva e mercantilista e unha predación sen taxa nin medida dos xacementos xeolóxicos está a mudar o rostro de Galicia para mal e ao servizo só duns poucos.

Ate o de agora, unidos os intereses dos especuladores cos intereses da administración autonómica e municipal indisolubelmente, lanzouse unha carreira en persecución do lucro inmediato cuxa meta parece ser a destrución dos valores (que o son tamén económicos) da nosa paisaxe e da nosa herdanza natural, así en terra como en mar.

Pensamos que a situación actual esixe un golpe de leme para mudar este rumo que nos conduce á catástrofe no que ao medio ambiente se refire. E esa mudanza, de natureza política, debe ter en conta os intereses da maioría da poboación que desexa un País ordenado, racionalizado e próspero. O tempo da permisividade unida á corrupción nos concellos e na Xunta ten que rematar e todos e todas temos que acelerar ese final.

Pensamos que a actual Xunta de Galicia e os concellos que saian das vindeiras eleccións deberán coordinar os seus esforzos. E non só iso: a lexislación deberá modificarse e os poderes centrais de Galicia están chamados a elaborar un PLAN DIRECTOR DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, naturalmente discutido e consensuado polas organizacións sociais e núcleos de opinión. Esta participación das multitudes na elaboración de tal Plan Director constituirá a garantía de que sexa plenamente democrático. Ora ben, sen planificación central e democrática da ordenación territorial o caos perpetuaríase.

Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Caurel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galicia. Soou a hora de que digamos: ABONDA!

A mobilización do 6 de maio en Compostela ten que significar unha grande xornada de esperanza e unha chamada á Xunta de Galicia e as administracións locais para que exerzan realmente o poder de que dispoñen para frear esta vaga de degradación e dilapidación do noso patrimonio sen se deixar intimidar polas forzas poderosas do diñeiro e da cobiza. 

Cando nun país persoas de todas as condicións se unen en pequenos grupos espallados por toda a súa xeografía para defender a súa paisaxe, a súa riqueza natural e a súa forma de vida, é porque algo está pasando.
E en Galicia está pasando.

Cando os nomes deses grupos de cidadáns e cidadás empezan por expresións como "Salvemos a", "En Defensa de", ou "S.O.S.", é porque algo moi grave está pasando.
E en Galicia está pasando, dun extremo ao outro do seu territorio. 
O máis doloroso é que a orixe desta situación de extrema gravidade que ameaza á nosa terra e ao noso mar non é unha catástrofe natural nin unha fatalidade. Non. Ven de dentro. Ven da man da cobiza, da falta de conciencia social, da ambición depredadora, da ignorancia, da irresponsabilidade e da cega ambición de persoas que, dende as empresas, dende as administracións públicas ou nas súas actuacións particulares están a destruír a nosa paisaxe e o noso patrimonio cultural, están a empobrecer a biodiversidade, están a empiorar a nosa cualidade de vida e a malvender o futuro das vindeiras xeracións.
Para eles nada ten valor porque todo ten prezo. 

E iso é o que está pasando agora mesmo en Galicia. Dun extremo ao outro do seu territorio.

* Cando todas esas voces que se alzan alarmadas, pola enorme magnitude da desfeita, son sempre desoídas, silenciadas, é que algo está fallando. 

*Cándo a cidadanía responsábel e consciente ten que saír á rúa para berrar a súa protesta porque non existen canles de participación directa na conformación desta realidade compartida que é Galiza, é que algo está fallando

*Cando cada día se repiten as agresións ao medio ambiente sen que ningún poder lles poña freo, é que algo está fallando.

*Cando un furacán de devastadora cobiza se propaga ata o último recuncho de Galicia arrasando paisaxes, espazos protexidos, parques naturais e reservas ecolóxicas, é porque algo está fallando.

*Cando a artificialización do noso litoral con recheos, portos deportivos, urbanizacións, industrias nocivas e piscifactorías está poñendo en grave perigo o seu principal recurso natural, a pesca e o marisqueo, é que algo vai mal.

*Cando non somos capaces de entender os miles de anos de relacións equilibradas entre o home e a natureza que fixeron do territorio galego un patrimonio cultural a respectar, valorar, conservar e transmitir, é qie algo está a fallar

*Cando os espazos naturais, teoricamente protexidos pola lei, son sistematicamente espoliados e vense asolagados por proxectos e instalacións industriais que estragan os seus valores, é que algo está a fallar

*Cando a sobreexplotación absurda dun territorio, promovida polo afán de acumular millóns a costa do que sexa, está a deixalo cada día máis ermo e esgotado, é que algo vai mal.

*Cando se empregan para iso cartos públicos investidos sen pudor nin prudencia en macroproxectos insensatos e ruinosos que só enriquecen a uns poucos especuladores, case sempre os mesmos, deixando as arcas do pobo entrampadas para decenios, é que algo vai moi mal.

*E cando esas actuacións están ao servizo só dos intereses duns poucos, de multinacionais e empresas privadas, e ameazan a forma de vida tradicional de milleiros de familias e a saúde e o benestar do conxunto da cidadanía, é que algo vai rematadamente mal.


Están a fallar moitas cousas, demasiadas, desde unha punta á outra do noso territorio. E cando unha cousa falla, cómpre cambiala. Hai que cambiar actitudes, modelos, plans e actuacións. E cómpre cambiar as leis para que poidan amparar, protexer, impulsar e garantir ese cambio.

E por iso esiximos:

A implantación dunha nova cultura do territorio que entenda e protexa a nosa identidade territorial con criterios de racionalidade e progreso, que busque o diálogo entre valores globais e locais, que recupere o equilibrio home-terra, que procure a adecuación dos usos do solo ás súas aptitudes, que non destrúa as nosas mellores paisaxes tanto naturais como culturais, que free a especulación inmobiliaria, que facilite o acceso a unha vivenda digna, que mellore a habitabilidade de cidades, vilas, parroquias e aldeas e reduza a demanda de transporte motorizado, xerando proximidade. 

O cumprimento da lexislación vixente. Porque o grao de incumprimento da lexislación de protección ambiental e do patrimonio no noso país é moi alto, pódese cualificar mesmo de escandaloso. Sen dúbida, é preciso ampliar e mellorar a lexislación de protección ambiental, ordenación do territorio e urbanismo pero primeiro cómpre garantir o cumprimento da lexislación existente. De pouco servirá termos unha lexislación mellor se persiste o desleixo actual na súa aplicación ou se se aplica en moi pequena medida, particularmente cando afecta ás propias Administracións e a grandes empresas.

Unha nova Lei de Ordenación do Territorio que delimite o que se pode facer e onde, fundamentada na protección dos valores sociais, ambientais e culturais do territorio galego. Os modelos de planeamento deben ter un marco de referencia supramunicipal que proporcione coherencia ao territorio e facilite o funcionamento dos servizos, do abastecemento e dos equipamentos. 
Unha nova lei que, partindo da protección de todo o solo non urbanizable, estableza a obriga de demostrar a necesidade e racionalidade de modificar esa protección polas necesidades de crecemento dos núcleos de poboación. 
Unha lei que debe significar tamén a desaparición do axente urbanizador, unha figura que nos retrotrae a un pasado escuro e feudal, con capacidade para decidir sobre as propiedades alleas. 

Promover unha Estratexia de xestión integrada do litoral que estableza a necesaria coordinación de todas as políticas que inflúen sobre a zona costeira, que racionalice a actuación das distintas administracións con competencias sobre o litoral, e que estea baseada na protección dun tecido económico diversificado. 
Unha xestión que prime as actividades cun alto compoñente de emprego estábel e que remate con esas políticas de "pan para hoxe e fame para mañá" como a promoción de segundas e terceiras vivendas na costa ou as baseadas en industrias cun alto impacto ambiental e baixo nivel de emprego como as que significan tráficos perigosos e nocivos nas rías, as plantas de gas ou as piscifactorías. 

Protección efectiva dos espazos naturais e ampliación das figuras de protección ambiental. A protección ambiental debe aplicarse de xeito rigoroso, definindo claramente os lugares protexidos e creando corredores ecolóxicos, pontes de vida que permitan manter ecosistemas dinámicos e interconectados Exemplos como a delimitación por parte da Xunta do futuro Parque Natural do Courel onde se deixa sen protexer grande parte da zona sur para facilitar a instalacións de canteiras de pizarra, indican claramente o desleixo da administración na protección de espazos de alto valor ecolóxico.

Transparencia e participación da cidadanía nas decisións que afectan ao territorio. As políticas públicas, como indica o seu nome, esixen unha ampla discusión entre a cidadanía e as administracións implicadas e da contraposición dos distintos intereses que xiran arredor delas para achar o balanzo máis positivo en termos sociais, económicos e ambientais. Cómpre desenvolver estruturas de participación cidadá efectivas que permitan aos colectivos sociais participar dende o seu inicio no desenvolvemento dos actuais e futuros procesos urbanísticos e que a súa opinión sexa tida en conta.

Responsabilidade e concienciación ás persoas que habitamos esta terra. A nosa vida non se entende sen o territorio: sobre el temos a nosa vivenda, por el nos desprazamos, del tiramos alimento e enerxía, nel deitamos os nosos residuos, traballamos, pasamos o noso tempo de lecer… e facémolo así desde hai séculos, nel está a nosa historia. O territorio que habitamos conta con paisaxes fermosas e singulares e alberga, ademais, moitas outras formas de vida, acubilla biodiversidade. O xeito de relacionármonos co territorio que temos cada un de nos, habitantes desta terra, definirá en grande medida o noso futuro, polo que cómpre concienciármonos da súa vital importancia e exercer a nosa relación con responsabilidade, pensando no ben colectivo.


E reclamamos todas estas medidas porque, para a nosa desgraza, o patrimonio que herdamos e permitimos que nos destruíran, xa non o poderemos recuperar nunca. Pero, se nos quedamos de brazos cruzados, acabaremos perdendo tamén, e para sempre, o que aínda hoxe conservamos.

E para entón só nos quedaría a opción de chorar.

Pero non queremos nin lamentarnos, nin acomodarnos, por iso estamos hoxe aquí, para expresar colectivamente, unha vez máis, o noso rexeitamento a degradación da nosa terra e para esixir, a aqueles que desde o poder teñen a capacidade de facelo, que dean os pasos necesarios para deter esta destrución planificada

Cada recuncho desta terra foi sempre, para os que vivimos nela, un ser con vida propia, protagonista de moitas facetas das nosas propias vidas. Tamén é unha paisaxe, a paisaxe da infancia, o primeiro universo por nós coñecido, gravado no máis fondo de nós e convertido en paisaxe interior de cada un e cada unha.

Para outros, en cambio, é só un escenario de negocios, un teatro para a especulación.
Por iso, desde este lugar emblemático de Galicia, queremos lanzar un fío de esperanza e resistencia a todos os reductos do territorio galego ameazado, para xuntos e firmes defender o noso patrimonio irrenunciable: a paisaxe, a vida e a identidade do noso pais, do noso planeta.
Galicia non se vende. Terra viva e vida digna para todas e todos.!