FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO
O sábado 15, as 10 da mañán reuníronse na confraría de pescadores de Cangas patróns maiores de diferentes confrarías de Galicia, cos presidentes das fedseracións estatal, galega e de Pontevedra. Estes expresaron o seu apoio á loita levada en Cangas contra o proxecto de Caixanova. O luns se reunirán confrarías e cooperativas da ría para acordar un paro da flota.
As doce, houbo unha concentración de embarcacións que marcaron no mar a ocupación que tería o porto mal chamado deportivo (sería mellor dicir o proxecto de aparcamento de barcos para ricos). Houbo tamén unha concentración á mesma hora por terra.
está é a bárbara dimensión do proxecto

