CANGAS NON SE VENDE
FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO
O ataque mirábase vir, a alcaldesa tomou as competencias de urbanismo cun obxectivo ben claro
As propostas de retomar o convenio (ou algo moi parecido) veñen de Consultora Galega, a malfadada equipa redatora, que ate o momento non tiña máis remedio que seguir as directrices de Mariano Abalo.
Agora desenmascara as súas reais intencións:
Abalo resposta:
Sotelo tamén:
Nós presentamos un escrito coa nosa postura:
___________________________
DI: ______________
___________________
36940 – Cangas- PONTEVEDRA
Alcaldesa presidenta da corporación municipal de Cangas e
portavoces dos grupos políticos
Avda. de Castelao 2
36940 Cangas
O que asina, comparece, no seu propio nome e no da rede de colectivos Foro Social de Cangas, e
EXPÓN:
Que está a aparecer información sobre unha serie de propostas presentadas polo equipo redactor do Plan Xeral de Cangas, Consultora Galega S.L. sobre a ordenación dos terreos da factoría Massó. Sobre estas propostas e as circunstancias que as acompañan, o Foro Social de Cangas quere facer as seguintes matizacións:
Consultora Galega deslígase do proceso comezado polo avance e as suxerencias presentadas a este para presentar unhas propostas absolutamente ligadas ao desbotado convenio Massó
O convenio Massó e as cantidades entregadas a conta non poden, en opinión do Foro, impoñer de ningunha maneira as decisións sobre a ordenación da zona, que débense tomar en atención única e exclusivamente ao ben común
Así se recolle no acordo de goberno asinado. Lembramos tamén que o interventor do concello informou no seu día contra a utilización deses cartos. Pensamos que non é tarefa da corporación actual velar polos intereses da promotora e que deberá ser esta a que inicie a vía legal que considere máis convinte para reclamalos
O prezo de 40 millóns de euros citado por Consultora Galega para unha posible expropiación a desenmascara como valedora dos intereses da promotora. Esta mercou os terreos por 13,3 millóns no 2006 (Frigoríficos os mercara por menos de 6) e Consultora lles adxudica tres anos despois un valor de expropiación tres veces superior
En Moaña estanse citando prezos de 20 €/m2 para expropiación para zonas verdes, con ese prezo, o valor total dos terreos chegaría como muito as 2,5 millóns de euros, cantidade perfectamente asumible polo Concello ou a Xunta. En todo caso o prezo o decidiría un Xurado de Expropiación
Consultora tamén ten que explicar a posible situación das necesarias zonas verdes no concello de Cangas. Como xa suxerimos ao avance, a declaración de Serra Nacente como zona verde non é posible, por ser forestal e comunal, e, para solucionar o déficit débese expropiar unha gran cantidade de terreo. Para nós, O Salgueirón é o emprazamento máis adecuado.
Tampouco estamos de acordo con desbotar alegremente a cualificación industrial actual. A explotación inmobiliaria do chan está na raíz da crise actual, é claramente insostible e non produce riqueza, a destrúe. O Salgueirón ten 28.000 m2 de naves que poderían estar dedicadas a industria non contaminante, respectuosa co patrimonio e o entorno e relacionadas basicamente co sector primario que creara emprego e contribuíra realmente ao ben común
Por último, as propostas de Consultora non citan o porto deportivo, pero claramente o favorecen
Con respecto á actitude dos membros do goberno municipal, observamos que a alcaldesa, Clara Millán, descobre os seus obxectivos ao tomar as rendas de urbanismo, e fuxe totalmente dos compromisos asinados co acordo de goberno: transparencia, participación, obter un PXOM de consenso que non atenda a intereses individuais, conservación do patrimonio, protección do ambiente, o paisaxe e o litoral...etc. etc..
Pola súa parte, Héctor Otero, do PSdeG PSOE, tamén segue o xogo a favor da promotora e mantén sen explicacións o uso e inversións municipais realizadas no Campo Massó, en vez de esixir da propietaria o adecuado coidado e mantemento das súas propiedades e traballar cara a un plan xeral feito por e para o cangueses/as
Polo exposto,
SOLICITO:
Que se entregue copia aos portavoces, que se teñan en conta as opinións expresadas, que se aperciba á empresa redactora do plan xeral para que dunha vez por todas defenda os intereses dos cidadáns, que por parte do goberno municipal sexa respectada a legalidade e os acordos de goberno asinados e que, en aras da transparencia e a preceptiva participación popular na planificación urbanística, sexa convocado de maneira inmediata o Consello Sectorial de Urbanismo, creado no 2005, e que leva practicamente un ano sen reunirse
En Cangas, a 4 de decembro de 2009.