CANGAS NON SE VENDE                                                                                                                                                                          

FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

XXX



Á PRESIDENTA E AO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

Praza da Estrela 1

36201 VIGO



En nome propio e como representante do Foro Social de Cangas, COMPAREZO E EXPOÑO:


Vostede debe pensar nunha inxenuidade ilimitada da poboación e que temos que comungar coas rodas de muíño das súas declaracións en prensa, saídas de vostede ou do seu eficiente equipo asesor .


Sácase da chisteira a invención de que o Parlamento de Galicia realizou unha investigación sobre o tema Massó cando iso é absolutamente falso. O único que houbo no Parlamento foi o recoñecemento de irregularidades por parte da conselleira de Política Territorial en sesión do 10 de outubro de 2005, e a promesa de solicitar explicacións á Consellería de Pesca, á de Medio Ambiente, e analizar entre os servizos xurídicos da autoridade portuaria e os da consellería de Política Territorial o proceso de adxudicación. Os resultados desa xestións xamais foron expostos publicamente, e menos no Parlamento.


Con referencia aos traballos sobre o Plan de Usos (lembremos que o Porto de Vigo é o único dos 28 portos do estado que non o ten, cando é obrigatorio dende o ano 1992), vostede afirma que non permitirá nin un novo recheo, cando xa licitou a primeira fase (52.974 m2) da ampliación do Areal, por suposto, sen o suporte de ningún Plan de Usos.


Afirma que o proxecto de plan de usos do PSOE tiña 40.000 m2 de recheos con 25.000 en Rede Natura. A realidade é que eran 200.352 m2 , 32.881 dos cales eran en Rede Natura, e, polo que parece, vostede está seguindo ao pé da letra ese esquema, sen o Plan aprobado e substituíndo -iso si- o plan Nouvel por unha fonte luminosa que suporía o malgasto de case 3 millóns de euros e a perda dun importante espazo portuario.


Lembrarlle tamén que o Plan de Usos entra de cheo no ámbito de aplicación da lei 9/2006, de avaliación dos efectos de plans e programas no medio ambiente, transposición da Directiva Europea 2001/42/CE, e que deberá poñer en marcha a traveso do Ministerio de Medio Ambiente o proceso de avaliación ambiental estratéxica que integre os aspectos medioambientais no proceso de deseño do Plan. Se tanto quere actuar coa lei na man, que non pretenda rematar primeiro o plan e reducir a súa avaliación ambiental a un mero formalismo.


Polo que se refire á concesión dunha posible prórroga temporal ao prazo de remate das obras de Marina Atlántica, lembrarlle que a concesión que lle foi outorgada a esta empresa é ilegal polas seguintes razóns:


Por estas razóns e por outras que sería moi prolixo detallar lle recomendaríamos que estudase e se asesorara adecuadamente sobre a conveniencia de que vostede asine unha posible prórroga ás obras que está a realizar Residencial Marina Atlántica S.A.; pola nosa parte, lle podemos asegurar que faremos todo o posible por conseguir que os que burlen a lei en detrimento do ben común sexan castigados polo sistema xudicial.


O concesionario tamén está a incumprir varias das disposicións presentes no outorgamento da concesión:


Aproveitamos a ocasión para lembrarlle o estado de absoluto abandono e perigo para os usuarios no que se atopan a maior parte das instalacións portuarias dependentes da Autoridade Portuaria que preside en Cangas, e lle desexamos un feliz e moi duradeiro paso pola presidencia de tan impoluta, prestixiosa e respectada administración.


Axuntamos Cd con documentación do seu interese.


En Cangas, a 6 de novembro de 2009.