CANGAS NON SE VENDE

FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

 

    ALCALDESA, DIMISIÓN

 

    O Foro Social insiste en reclamar da alcaldesa de Cangas a sinatura da paralización de obras en Cabo Balea por carecer de calquera tipo de licenza municipal. Se a responsable máxima do concello de Cangas non é capaz á vista dos informes que lle presenta a Concellería de Urbanismo de discernir cales son as competencias do Concello, que presente algún informe contradicíndoos ou presente a súa dimisión, recoñecendo a súa incapacidade para defender Cangas e os seus intereses.

 

     O Foro Social faina responsable de calquer tipo de situación á que se poida chegar debido ao seu deixamento de funcións.

 

     O Foro Social convoca para o venres 5, as 11h da mañán unha concentración no Molle de Oxea, en Cangas, para apoiar a concentración marítima convocada polas confrarías e asociacións de mariñeiros da ría que reclaman a defensa dunha zona de pesca da que viven máis de 500 familias. Ao finalizar a concentración marítima nos dirixiremos xuntos cara ao Concello para reclamar a paralización inmediata das obras e a defensa dos recursos mariñeiros e o patrimonio do pobo.

 

    Foro Social de Cangas