Vos enviamos esta nota para saír ó paso das informacións saídas onte na
edición do Morrazo do Faro de Vigo nas que se afirmaba que saíran as
primeiras resolucións xudiciais relacionadas co conflito producido polo
intento de construción dun porto deportivo na zona do Salgueirón.
Queremos denunciar o continuo intento de desacreditación do medio citado
hacia o colectivo que se opón a este proxecto, mediante informacións
tendenciosas e manipuladas.
Vos axuntamos dúas sentencias xa firmes nas que se condena ao encargado da
obra por ameazas e insultos, esa sentencia foi recorrida e a Audiencia
Provincial desestimou o recurso; a outra sentencia absolve aos imputados
(curiosamente os mesmos que figuran na foto publicada onte no medio en cuestión
e que foi tomada no mes de outubro).
Estas dúas sentencias son as primeiras no conflito e non ás que cita onte o
diario vigués.
Lle pedimos a este diario unha rectificación pública e un tratamento
informativo veraz e imparcial sobre todo o relacionado co conflito do porto
deportivo do Salgueirón, conflito complexo no que hai plantexados
contenciosos administrativos, abertos expedientes por presuntas prevaricacións,
falsidades documentais e delitos contra a ordenación do territorio;
expedientes ante o Parlamento Europeo e outros. Os intereses favorables ao
proxecto son os da financieira Caixanova e están apoiados en convenios
asinados no seu día polo alcade popular Sr. Sotelo.
Cangas a 24 de marzo de 2007
baixar sentencias:
20060621sentencia.pdf
20060926sentencia.pdf
20070129fallo.pdf