FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

A plataforma A RÍA NON SE VENDE apoia a mobilización contra Reganosa e está a distribuír escritos de autoinculpación en solidariedade cos cidadáns que están a impedir a entrada dos buques gaseiros cara á perigosa e ilegal instalación industrial.
Por este motivo convocamos a todos e todas á MANIFESTACIÓN que terá lugar este domingo 3 de xuño ás 12:00 h no Porto do Ferrol.
Vivimos nun estado de dereito, suxeitos a unhas leis que nos obrigan a todos e a todas, e as instalacións industriais como calquer obra teñen que cumprir uns regulamentos que controlen os seus efectos sobre o medio ambiente e a seguridade da cidadanía. No caso en que eses regulamentos non se cumpran, o estado deberá ser quen de restituír a legalidade e esixir responsabilidades aos que permitiron que se chegara a esa situación.
A realidade con que nos topamos en este caso non é esa senón a da represión pola forza e o intento de manipulación nos medios de información.
Creemos que as eleccións democráticas non deben servir soamente para trocar de caras nos postos da xestión pública, senón que debera ser tamén momento de balance e "control de calidade" de eses responsables da xestión; os cidadáns temos que esixir esa calidade, e é triste que para evitar o desprezo da legalidade e mesmo da seguridade cidadán teñamos que recorrer á mobilización.
Queremos enviar unha mensaxe de animo e forza a todos eses homes e mulleres que luitan por defende-la ría de ferrol. Ánimo compañeir@s . Outro mundo é posible gracias a xente coma vos.
Condenamos sen paliativos a desproporcionada e salvaxe actuación policial, polo que reclamamos o cese inmediato do Delegado do goberno en Galicia.
LIBERDADE PARA BASTIDA
PLANTA DE GAS FORA DA RIA DE FERROL
A.C. A REVOLTA
A.C. CALEIDOSKOPIO
BOUZAS MÓVETE
FORO SOCIAL DE CANGAS
G.A.S.
LUITA VERDE
ADEGA
O.A.R. REDONDELA
SALVEMOS MONTEFERRO
VERDEGAIA
VOCES POLO LITORAL DE TEIS
PLATAFORMA POLA DEFENSA DA ENSEADA S. SIMÓN

AO XULGADO DE INSTRUCCIÓN Nº 3 DE FERROL
Procedemento abreviado nº 443/2007
D/Dª________________________________________, maior de idade, con DNI ____________, e domicilio en rúa __________________________________, Concello de _________________, código postal __________, como mellor proceda en Dereito, DIGO
1º) Que teño coñecemento do procedemento abreviado nº 443/2007 que se instrúe nese Xulgado contra o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, don Bernardo Bastida Sixto, e vintecinco mariscadores máis, por un presunto delicto ou falta de desobediencia á
autoridade; consecuencia dos feitos acaecidos nos primeiros días do presente mes de maio, e dentro da mobilización cidadá que pretendía evitar a entrada dun buque gaseiro na ría de Ferrol con destino a planta de REGANOSA en Mugardos. Tal movilización cidadá fíxose polo seguinte:
a) A entrada na Ría de Ferrol do Galicia Spirit incumpre a norma UNE EN 1532 sobre saída de emerxencia o mar en caso de accidente. Tamén a mobilizacion cidadá fixose para denunciar publicamente que a Planta de Gas de Reganosa incumpre o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas que require un mínimo de dous quilómetros ata o núcleo de poboación agrupada máis próximo; ademais pola inexistencia de estudio de impacto ambiental, inexistencia de plan de emerxencia e evacuación en caso de accidente na planta ou no buque, feitos que imposibilitan a concesión da licencia de obra e actividade da mesma. Dita mobilización cidadá culminou o día 9 de maio ca entrada do buque gaseiro na ría de Ferrol, con forte e violenta intervención das forzas antidisturbios i escolta da Garda Civil do Mar.
b) Que tal saída de emerxencia o mar aberto e un dos condicionados da autorización de construcción que Reganosa ten sen resolver, ademais doutro condicionado tamén sen resolver dun dictame de seguridade que acredite a distancia suficiente ata as poboacións próximas a fin de que non sufran riscos que no deben soportar, segundo require o artigo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, segundo tamén recordan os escritos de 22 de Xaneiro e 22 de marzo de 2004 da Dirección Xeral de Urbanismo, organismo competente en Galicia para aplicar o devandito artigo 12 do R.D. 1254/99, segundo o artigo 3 do Decreto autonómico 277/2000 de 9 de novembro (DOG 229 de 27 de novembro).
c) Que non é legal a "Acta de posta en servizo parcial para probas durante tres meses", asinada o 4 de maio de 2007 por Francisco Barroso Palomino, Director do Area de Enerxía e Industria, Rúa Durán Loriga nº 9-1º, A Coruña, organismo provincial do Ministerio de Industria e competente para outorgar a acta de funcionamento de Reganosa, (artigo 85 do Real Decreto 1434/2002 de 27 de decembro), pero que non tivo en conta que Reganosa aínda non rematou as obras e que non ten resoltos todos os condicionados de seguridade para a poboación aos que está suxeita a súa autorización de construcción de 13/2/2004, outorgada pola Dirección Genenal de Política Energética y Minas, dependente do Ministerio de Industria, por todo isto a entrada do gaseiro Galicia Spirit e ilegal
2º) Que eu, en defensa da vida, da riqueza marisqueira da Ría de Ferrol e da legalidade, participei libre e voluntariamente no bloqueo por mar do buque gaseiro Galicia Spirit no seus intentos de entrar na ría de Ferrol os días 6 a 9 e 29 de maio, sendo o meu único obxectivo, e dada a conculcación da normativa vixente, polas Administracións implicadas, facer cumprir a mesma.
Por todo o exposto SUPLICO ao Xulgado que teña por presentado este escrito, uníndose ao procedemento antes referido e sexa chamado ó mesmo en calidade de imputado.
En____________, a ______ de _________de 2007
Sinatura

Reganosa ilegal o Fuera de la Ley:
El acta irregular firmada por Francisco Barroso Palomino, Director Provincial del Area de Industria y Energía de A Coruña, tiene fecha de 4 de mayo y será impugnada por nuestros abogados en un contencioso administrativo en los tribunales. Estas Plantas de Gas necesitan tres autorizaciones (Real Decreto 1434/2002). Para Reganosa las dos primeras, la administrativa previa de 3/6/2002 y la de construcción de 13/2/2004, ya fueron atípicas e irregulares, porque previamente a las mismas no han sido acreditados requisitos que es obligatorio sean resueltos antes de otorgar dichas autorizaciones. Contra dichas dos primeras autorizaciones están a tramite sendos contenciosos administrativos en el TSJM. Ahora se presentará un nuevo contencioso contra el acta firmada por Francisco Barroso, quien no ha verificado el cumplimento de todos los requisitos que han sido trasladados para antes de firmar el acta de funcionamiento. Hay otros cinco contenciosos a trámite en Tribunales españoles y un expediente en la Comisión Europea.
Por otra parte Reganosa no ha hecho evaluación de impacto ambiental. Por ello existen dos sentencias del TSXG contra su tramposa tramitación ambiental aprobada por la Consellería de Medioambiente en el año 2001 con el apoyo del Sr Fraga. Están pendientes en el Tribunal Supremos los dos recursos de casación de julio de 2004 y setiembre 2006 presentados por la Xunta de Galicia y por Reganosa
La trama de los promotores de Reganosa con apoyo de la Xunta de Galicia para burlar la ley, continuó trasladando para la autorización de construcción la cumplimentación de las distancias a las poblaciones próximas o la salida al mar en caso de emergencia de los buques gaseros, quedando postergada su cumplimentación en forma de condicionados citados en la autorización de construcción o escondidos en los informes de los organismos, que por presión política han informado favorablemente, cubriéndose las espaldas haciendo constar dichos condicionados que Reganosa no tiene resueltos.
La tercera autorización compete al Area de Industria y Energía, una dependencia de la subdelegación del Gobierno. En el caso de Reganosa, antes de firmar el acta de funcionamiento, dicho organismo tendría que verificar si han sido cumplimentados los condicionados que la autorización de construcción le traslada como pendientes y asimismo los condicionados escondidos en los informes previos a los que alude la pagina 3 de la autorización de construcción. Pero Francisco Barroso Palomino, saltándose olímpicamente los condicionados pendientes, ha firmado un Acta de puesta en servicio parcial para pruebas durante tres meses, que solo la podría dar si estuviese en trámite la autorización definitiva y con todos los condicionados de construcción cumplimentados. Solo con una visita a la Ría de Ferrol, a simple vista se puede apreciar que son imposibles de cumplimentar los condicionados de distancias a la población según el articulo 12 del Real Decreto 1254/99 de 16 de julio (Seveso II), en España el RAMINP requiere un mínimo de dos kilómetros, o el de la salida de emergencia de los metaneros según la norma EN-1532.. Además Reganosa no ha terminado las obras y está construyendo un sistema de vaporización de GNL no contemplado en su autorización de construcción, para emplear al dia 330.000 toneladas de agua del mar, a la que inyecta cloro para matarle todo organismo vivo con lo que el agua sale esterilizada y con restos de cloro. En la falsa acta de 4 de mayo está fundamenta la entrada ilegal de metaneros cargados con GNL.

COMUNICADO
¡Bo día!
Hoxe estamos aquí na defensa da vida, da Ría e da legalidade, pero nos falta un compañeiro de loita cuxa liberdade queremos canto antes. Contamos coa vosa presenza solidaria pero tamén coa adhesión de moitos que non puideron vir.
Achegámonos ata a casa do Concello, porque o 16 de xuño constituirase unha nova corporación e deixará de ser Alcalde quen durante estes catro anos estivo facendo de recadeiro de Reganosa, promovendo distintas iniciativas para favorecer unha perigosa planta de gas dentro da Ría e provocando que o Concello se retirase de dous contenciosos que tiña contra Reganosa, un deles gañado. Esperamos, que a nova corporación lle diga o Tribunal Supremo que faga firme a sentencia do TSXG para que os ferroláns e ferrolás recuperemos o dereito a ser defendidos pola Xustiza.
Achegámonos á Casa do Concello como administración máis próxima encargada de velar e garantir os nosos dereitos como cidadáns. Porque cando o poder das institucións é dirixido contra a cidadanía o que se amosa é abuso, máis propio dun estado totalitario que dun estado democrático. Estamos aquí para recordarlle á nova corporación que ten unha tarefa pendente co caso Reganosa, que non esconda a cabeza coma unha avestruz , que defenda a vida das ferrolás e ferroláns, e que sexan consciente de que Reganosa está dentro da Ría de Ferrol a 1200 m.
Cando aconteceu a catástrofe do Prestige, os traballadores e traballadoras do mar xa víronse na obriga de tomar a iniciativa, igualmente miles de voluntarios mobilizáronse en todo o Estado Español para facer fronte á marea negra, en ausencia de resposta das administracións. O goberno do Sr. Fraga na Xunta, estaba de caza, e o goberno do Sr. Aznar propagaba mentiras e paseaba o barco arriba e abaixo, con falsos asesoramentos técnicos. Así sucedeu o maior desastre ecolóxico do noso pais.
A historia leva trazos de repetirse, o caso Reganosa é o maior escándalo de corrupción política, económica e mediática da democracia e tamén pode chegar a converterse nunha enorme traxedia no caso de que a Planta de Gas entre en funcionamento. Aínda que xa neste momento, estamos en perigo co GNL que trouxeron os dous gaseiros, que se encontra almacenado nos tanques, co que Reganosa está facendo probas de regasificación.
Como no caso do Prestige a cidadanía, en ausencia e sen o amparo das administracións, tivemos que tomar a iniciativa. O xermolo do CCE xa no ano 1999 tivo diferentes iniciativas para que a Planta de Gas se ubicara no porto exterior. En xullo de 2001 constitúese como Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol sendo a tarefa fundamental conseguir que a Planta de Gas, sexa instalada no exterior da Ría de Ferrol. En todos estes anos leváronse a cabo accións, mobilizacións e denuncias... ante a Comisión Europea, seis contenciosos en trámite e un sétimo que se iniciará nestes días.
Queremos dicirlles aos que demagoxicamente se amparan argumentando que cando a xustiza se pronuncie acatarán as sentencias, que hai dúas sentencia favorables do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que están recorridas ante o Supremo, por Reganosa e pola Xunta coa finalidade de demorar a vía da xustiza e mesmamente menosprezando e ninguneando ao mais alto Tribunal Galego, para que así Reganosa poida seguir coa construcción da Planta a pesar da flagrante ilegalidade
Coas actuacións diante dos metaneros Galicia Spirit e Mourad Didouche, (que este último sexa un ano máis antigo que o Prestige, pon en evidencia a inseguridade de Reganosa), rompéronse os muros de silencio que en todos estes anos impediron que o caso Reganosa fora coñecido tanto pola poboación de Ferrolterra como pola do resto do mundo. Sendo víctimas de quen censuraron as nosas informacións con moitos cartos que Reganosa gastou en publicidade directa e encuberta. Eses muros de silencio saltaron polos aires os días 7, 8 e 9 de maio, cando cidadáns e traballadores do mar, dando un exemplo de gallardía, na defensa da vida, da Ría e da legalidade, sumáronse ás mobilizacións promovidas polo Comité Cidadán Emerxencia para a ría de Ferrol. Mobilizacións coas que impedimos, por catro veces a entrada ilegal na ría do buque gaseiro “Galicia Spirit”, cargado con 140.000 m³ de gas natural licuado. O 29 de maio impedimos o intento de entrada do segundo metanero chamado “Mourad Didouche”, cargado con 123.000 m3 de GNL. Foron moitas cadeas de televisión, radios e xornais as que levaron por todo o mundo a noticia, dando a coñecer os detalles da ameaza que supón Reganosa para a vida, para a Ría e para a legalidade democrática.
Só empregando as forzas de seguridade dun Estado de dereito e cargando contra a cidadanía indefensa, conseguiron metelos dentro da Ría. Os dous gaseiros entraron en base a permisos que non cumpren a legalidade, ameazando a vida da poboación, sen garantía de que poidan saír o mar en caso de emerxencia na planta ou no gasero, tal e como require a Norma EN-1532 que se está vulnerando. Tampouco existe na Autoridade Portuaria un plan de seguridade ou de emerxencias capaz de facer fronte a catástrofe que podería ser provocada por Reganosa. Ademais nos consta que Reganosa ten sen resolver condicionados da súa autorización de construcción, un deles o das distancias de seguridade ata as poboacións.
Todo o mundo sabe que a planta de gas de Reganosa é unha bomba. Todo o mundo sabe que a Planta de Gas non cumpre as distancias de seguridade respecto as poboacións. Todo o mundo debe saber que cada día de funcionamento da planta de gas matará a vida mariña e o placton de 300 millóns de litros da auga da Ría.
As actuacións que o Comité Cidadán levou a cabo nestes días, provocaron que Félix Alonso, presidente de Reganosa, Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta de Galiza, Xosé Barcia, alcalde de Mugardos e Vicente Irisarri, futuro alcalde de Ferrol, recoñecesen que a ubicación da Planta no interior da Ría non é a máis idónea. O Proxecto Reganosa sostense nun cúmulo de irregularidades e ilegalidades coa complicidade de institucións e medios de comunicación. Proba disto é a firma dun convenio con cláusulas secretas entre os promotores de Reganosa e o Sr. Fraga en xuño de 2000.
A Xunta de Galicia e o Goberno Central actuais herdaron o proxecto de Reganosa pero iso nin xustifica nin lexitima a súa plena aceptación. Moi ao contrario, teñen a obriga de facer respectar a legalidade e a vida, como ven esixindo o Comité Cidadán e tal e como se fixo coa cidade da cultura, replantexándose o proxecto herdado da ‘Era Fraga’. Estamos diante do maior fraude cometido no noso país. O bipartito de Touriño e Quintana e o goberno de Rodriquez Zapatero, teñen a responsabilidade de que non se converta na maior traxedia.
Temos que denunciar o intento de moitos medios de comunicación e autoridades de tratar o problema da planta de gas como se só afectase aos mariscadores, intentando reducir un gravísimo problema a unha simple reclamación de danos económicos. Con esta idea tentaron criminalizar e desprestixiar aos traballadores e traballadoras do mar dirixindo cara eles toda a responsabilidade da oposición cidadá á entrada de gaseros, e buscaron un ‘chivo expiatorio’ na persoa de Bernardo Bastida. Os cartos nunca poderán pagar, por incalculable, a vida dos miles de cidadáns e cidadás que están poñendo en perigo. É preciso recordar aos nosos gobernantes que a vida non é negociable.
É necesario que a cidadanía de Ferrolterra se comprometa con máis determinación que nunca na loita por restaurar a legalidade, coa finalidade de que se paralice a construcción de Reganosa e que sexa expulsada fóra da ría.
Co encarceramento de Bastida pretenden escarmentarnos, atemorizarnos e mesmo converternos en criminais. Mais as mulleres e homes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, non escarmentamos nin nos asustamos e continuaremos defendendo:“¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA, BASTIDA SOMOS TODOS, LIBERDADE PARA BASTIDA “!!!!!!!!

