CANGAS NON SE VENDE

FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

NOTA ACLARATORIA DO FORO SOCIAL

Diante das declaración vertidas en prensa pola alcaldesa Clara Millán ao respecto da entrevista mantida onte, temos que declarar que é totalmente falso que nos recriminara por utilizar ameazas contra os traballadores da obra e as súas familias. Esas ameazas non se produciron e temos que declarar que é ela a que, ao non paralizar unha obra que non conta coas preceptivas licencias nin a axeitada cobertura legal, está a provocar unha situación de tensión e perigo entre a veciñanza e poñendo en perigo os postos de traballo que dependen da explotación racional do mar; esa xente tamén ten familias que alimentar e protexer, estándose a favorecer intereses especulativos en vez de realizar unha aposta clara pola defensa dos intereses do pobo Cangas, polos postulados contidos no seu programa electoral e polos acordos de goberno que a levaron a alcaldía.

Aclaramos tamén que a entrevista estaba a ser gravada en equipo de vídeo e foi ela a que ordenou apagala cámara aducindo que era unha conversa privada. Cuestionamos a súa intención de transparencia e lle recriminamos a intención manipulatoria das súas declaracións.

Cangas a 14 de maio de 2009


NOTA DE PRENSA DO FORO SOCIAL

O Foro Social de Cangas considera inadmisible a lentitude de resposta do Concello ante as actuacións executadas esta semana por maquinaria pesada en Punta Balea sen contar con ningún tipo de licenza municipal.

A lei non presenta ningún tipo de dúbida:

O Foro Social, por tanto, esixe do Concello a paralización inmediata das obras e a imposición dunha sanción exemplar.

No caso de que iso non se produza, actuará con contundencia, reclamando de xeito público e xudicial a clarificación dos motivos que poden existir para a protección de intereses particulares concretos, neste caso os de Residencial Marina Atlántica, Puentes y Calzadas e a financeira Caixanova.


Cangas a 8 de maio de 2009



Nota sobre a lexislación aplicable:

Ley 27/1992, de 24 de noviembre, de Puertos del Estado y de la Marina Mercante

art. 15.2. La delimitación de la zona de servicio se hará, a propuesta de la autoridad portuaria, a través de un plan de utilización de los espacios portuarios que incluirá los usos previstos para las diferentes zonas del puerto, así como la justificación de la necesidad o conveniencia de dichos usos.

art 18. 2. Dicho sistema general portuario se desarrollará a través de un plan especial

art 18. 2 b) Su tramitación y aprobación se realizará de acuerdo con lo previsto en la legislación urbanística y de ordenación del territorio, por la Administración competente en materia de urbanismo.



Extracto do outorgamento da concesión (21 marzo 2005):

A primeira hora de hoxe, 6 de maio de 2009  foron entregados escritos de denuncia sobre actuacións realizadas na tarde de onte en Punta Balea.

Os escritos foron remitidos a:

D. _______-, con DI nº ______________ e enderezo a efectos de notificación en ______________________ e _____________________, con DI nº _______________-, no seu propio nome e como representantes do Foro Social de Cangas

 

EXPOÑEN

Que se están a realizar obras de movemento de terras con maquinaria pesada por parte da empresa PUENTES Y CALZADAS INFRAESTRUCTURAS S.L. na zona de Punta Balea, concello de Cangas, dentro do espazo Cabo Home 6, cualificado como solo rústico de protección de espazos naturais.

A data de 5 de maio foi levantado atestado por parte da Policía Local de Cangas, ao non constar no concello ningunha licenza concedida en esta zona.

Non nos consta tampouco que exista ningún tipo de autorización por parte de esta Consellería.

Axúntanse en anexo fotografías de parte dos movementos de terras realizados.

 

Polo exposto, SOLICITAN

 

A comprobación dos feitos, a inmediata paralización das obras, a apertura dun expediente sancionador e a reposición da zona ao seu estado orixinal.

Que de acordo co establecido nos artigos 31 e 35 da Lei 30/1992 de 26 de novembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 11 e 13 do Real Decreto 1398/1993 de 4 de agosto do regulamento do Procedemento para o Exercicio da Potestade Sancionadora, se nos informe cumpridamente das actuacións levadas a cabo.

 

 

Cangas a 6 de maio de 2009

 

 

DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

 








 

 

D. _______-, con DI nº ______________ e enderezo a efectos de notificación en ______________________ e _____________________, con DI nº _______________-, no seu propio nome e como representantes do Foro Social de Cangas

 

EXPOÑEN

Que se están a realizar obras de movemento de terras con maquinaria pesada por parte da empresa VICENTE, de Moaña, coa pala retroescavadora matrícula E 3053 BBF, na zona de Punta Balea, concello de Cangas, dentro do dominio público marítimo terrestre, nos puntos indicados na imaxe adxunta.

A data de 5 de maio foi levantado atestado por parte da Policía Local de Cangas, ao non constar no concello ningunha licenza concedida en esta zona.

Non nos consta que teñan autorización do Servizo provincial de Costas.

Non nos consta tampouco que exista ningún tipo de autorización por parte da  Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Axúntanse en anexo fotografías de parte dos movementos de terras realizados.

 

Polo exposto, SOLICITAN

 

A comprobación dos feitos, a inmediata paralización das obras, a apertura dun expediente sancionador e a reposición da zona ao seu estado orixinal.

Que de acordo co establecido nos artigos 31 e 35 da Lei 30/1992 de 26 de novembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 11 e 13 do Real Decreto 1398/1993 de 4 de agosto do regulamento do Procedemento para o Exercicio da Potestade Sancionadora, se nos informe cumpridamente das actuacións levadas a cabo.

 

 

Cangas a 7 de maio de 2009

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DNA. CRISTINA PAZ-CURBERA Y LLOVET

A XEFA DO SERVIZO PROVINCIAL DE COSTAS DE PONTEVEDRA

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE Y MEDIO RURAL Y MARINO