FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

POSICIONAMENTO DO FORO SOCIAL DE CANGAS ANTE O PLAN DE USOS PRESENTADO POR "A OITAVA ILLA"
Os comentarios recollidos ate o momento son claramente favorables ás propostas presentadas polo equipo redactor do "Estudo de usos públicos e sociais para a recuperación natural e patrimonial do ámbito do Salgueirón".
Valorase moi positivamente a transparencia, o acceso público ao estudio (alomenos a traveso de internet) e a presentación do estudio como "estudo aberto a suxerencias e discusión" feita polo equipo redactor.
Considérase moi interesante e serio o análise sobre a importancia da zona e a diagnose e recomendacións efectuadas sobre os distintos elementos que a compoñen.
En canto as propostas en si, hai unanimidade en valorar positivamente o enfoque da zona como peza básica de dinamización económica e social do concello, aportando espazos de grande calidade para usos empresariais, sociais e, en pequena escala, comerciais.
Isto, feito respectando o patrimonio e os valores naturais a traveso da declaración de Parque Patrimonial, que encanaría cun relevante pasado do que Cangas se ten que sentir orgullosa e dotándoa do grande parque público e de equipamentos de que agora carece.
A importancia deste grande parque público e da preservación e potenciación do espazo natural de Punta Balea considérase máxima e constitúe de todo xeito irrenunciable.
Diferentes voces aparecen ao tratar a proposta dunha área residencial dentro da unidade de actuación. Hai que lembrar a necesidade de zonas verdes para Cangas e a obriga de cumprir coa lexislación en canto á dotación destas zonas verdes que por lei lle corresponden. O Foro Social aposta por un gran parque público, xa que en caso contrario, o PXOM que se está a redactar deberá afectar os terreos de numerosos pequenos propietarios para cumprir coa porcentaxe de zonas verdes impostas pola
lei.
O plan fai recomendación expresa da necesidade dun estudo pormenorizado de viabilidade económica e de mecanismos de financiación, e pensamos que esa é agora mesmo a prioridade, ao fin de que os distintos grupos políticos do concello se convenzan da viabilidade dunhas propostas feitas cara ao cidadán e non ás costas del, e o Plan Xeral que agora comeza as inclúa xa na súa fase de avance. Seguemos a reclamar que volten a Cangas ao menos parte dos cartos dos nosos impostos.
Cangas a 25 de xaneiro de 2008
FORO SOCIAL DE CANGAS