CANGAS NON SE VENDE

FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

NOTA DE PRENSA DO FORO SOCIAL
Parece ser que a empresa Puentes y Calzadas insiste en tomar as decisións pola brava e tenta facer uso dunha política de feitos consumados, pretendendo iniciar unilateralmente en xaneiro as obras dun porto deportivo no Salgueirón. Pensamos que a información que manexa é errónea, pode ser que por cegueira propia ou por acreditar a un mentireiro compulsivo como Ubaldino Rodríguez Bello, que lle vendeu parte da súa participación na pretendida promoción inmobiliaria (Caixanova segue a ser maioritaria).
Na documentación achegada a semana pasada polo Foro Social Pola Defensa do Pobo (plataforma de asociacións legalmente constituídas) aos concelleiros de Cangas figuran as seguintes denuncias:
· Denuncia do Foro ante a Fiscalía de Medio Ambiente (2 de xuño 2006)
· Denuncia por enaxenación de terreo público contra a Autoridade Portuaria de Vigo (7 agosto 2006)
· Denuncia a Enrique Sotelo por presunta prevaricación, falsidade en documento público e tráfico de influencias polos convenios por el asinados (27 febreiro 2007)
· Denuncia ao Secretario General para la Prevención de la Contaminación por prevaricación no proceso de formulación de Impacto Ambiental (21 setembro 2007)
· Estudio de irregularidades penais na tramitación da concesión de porto deportivo e a sinatura do Convenio Massó (outubro 2007) 
Coas denuncias figura toda a documentación que corrobora as afirmacións que se fan.
Hai ademais dous contenciosos presentados pola Confraría de Cangas (25 febreiro 2006) e unha petición de paralización cautelar pendente.
Ningunha das denuncias foi rexeitada, arquivada ou sobreseída, e están a percorrer o trámite xudicial normal ( por desgraza lento).
Hai feitos fora de toda dúbida como:
· O proxecto de porto deportivo parte dun solo cualificado como rústico de protección de espazos naturais no que está prohibido calquera tipo de edificación.
· O concurso convocado pola Autoridade Portuaria de Vigo para a construción dun porto deportivo foi ilegal porque en terra existía outra concesión de fábrica de conservas que non foi recuperada e no mar unha autorización marisqueira da Confraría que non foi expropiada.
· É IMPOSIBLE recibir as respostas ás consultas sobre un anteproxecto un 29 de xullo e NUN DÍA realizar o proxecto constructivo completo que as teña en conta e o estudio de impacto ambiental correspondente para que o 30 de xullo estean a exposición pública (en marzo estivo a exposición pública soamente o expediente administrativo, nada máis).
· Entre esas respostas había un informe da Consellería de Pesca desfavorable, preceptivo e vinculante que foi e esta a ser totalmente ignorado.
· O Convenio Massó foi asinado entre Enrique Sotelo e o representante de Frigoríficos do Morrazo o 6 de agosto de 2004, cando seis días antes, o 30 de xullo, a Autoridade Portuaria de Vigo autorizara o cambio de titularidade da concesión que tiña Massó Hermanos a favor de Residencial Marina Atlántico. Frigoríficos, por tanto, xa non era concesionaria dos terreos de dominio público sobre os que asinaba un convenio.
· Hai unha finca de dominio público marítimo terrestre que figura no Rexistro de Propiedade de Cangas como propiedade privada.
· Ao tratarse dunha unidade de actuación e atoparse dentro do 500 metros da ribeira do mar, a aplicación da lei 6/2007 de 11 de maio de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral suspende durante dous anos ou ate que figure nun futuro Plan Xeral calquera tramitación urbanística sobre O Salgueirón.
· Os pretendidos recortes e modificacións do porto precisarían de un novo proxecto e unha nova avaliación ambiental. Non se pode facer unha obra desta envergadura sen proxecto e o impacto non ten por qué ser necesariamente menor, deberáse estudar de novo a dinámica mariña; e para poñer os mesmos amarres en menos lámina íase precisar dragado (EN ROCHA) e unha nova tramitación.

Con referencia ao auto que di poseer Puentes y Calzadas para que a Garda Civil protexa o inicio das obras do porto deportivo temos que comunicarlle que cando tivemos coñecemento de ese auto xa fixeramos unha comparecencia ante o Xulgado de Cangas para reclamar o cumprimento do artigo 3 da lei de enxuizamento criminal
Artículo 3. 
Por regla general, la competencia de los Tribunales encargados de la justicia penal se extiende a resolver, para sólo el efecto de la represión, las cuestiones civiles y administrativas prejudiciales propuestas con motivo de los hechos perseguidos, cuando tales cuestiones aparezcan tan íntimamente ligadas al hecho punible que sea racionalmente imposible su separación.
Por explicalo con un exemplo, si te tiveran que desaloxar dunha presunta propiedade privada, primeiro habería que resolver as dúbidas de si esa propiedade é realmente privada ou é un terreo público usurpado no que terías todo o dereito do mundo a permanecer.
Seguimos solicitando, por tanto, que se cumpra e faga cumprir a lei, e se dean os pasos necesarios para a restitución da legalidade e o inicio dun proceso transparente no que sea o pobo de Cangas o que decida o destino destes terreos de actual cualificación industrial e de protección de espazos naturais.
FORO SOCIAL DE CANGAS