CANGAS NON SE VENDE

FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

NON HAI RESPOSTA ÁS ALEGACIÓNS AO PLAN DE USOS DO PORTO DE VIGO

1.-    O 12 de xaneiro rematou o prazo para a contestación por parte da Autoridade Portuaria ás alegacións presentadas ao Plan de Utilización dos Espazos Portuarios do Porto de Vigo ( art. 42 da Lei 30/1992)

 

2.-    A día de hoxe é constatable que a ningún dos alegantes se lles notificou de forma algunha a recepción de ditas alegacións así como tamén é constatable que non se lles convocou ao preceptivo trámite de audiencia.

 

3.-    A tenor do disposto no artigo 44 da devandita lei, (Falta de resolución expresa en procedementos iniciados de oficio, cuxo apartado 2  establece que: Nos procedementos nos que a Administración exercite potestades sancionadoras ou, en xeral, de intervención, susceptibles de producir efectos desfavorables ou de gravame, producirase a caducidade. Nestes casos, a resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións, cos efectos previstos no artigo 92) o que significa que, caducado o dito Plan de Utilización dos Espazos Portuarios do Porto de Vigo, deberán proceder ó seu arquivo.

 

4.-    Nese sentido, vimos de presentar na Autoridade Portuaria de Vigo, con data de hoxe e por rexistro de entrada,  un escrito asinado polas sete asociacións aquí representadas, do que achegamos copia.

 

5.-    Por outra banda, a xeralidade das alegacións presentadas polos sete colectivos firmantes fan fincapé en que se retire o documento por mor das seguintes consideracións:

·       O PUEP conculca a propia lexislación vixente do Porto, carece de Plan Estratéxico e de Plan de Infraestructuras.

·       O PUEP carece de informe de Sostibilidade Ambiental segundo establecido na Lei 9/2006 de 28 de Abril.

·       Faise caso omiso do establecido no Decreto Lei 2414/1961 que aproba o Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres e Perigosas.

·       Faise caso omiso do establecido na Lei 37/2003 del Ruido.

·       Carece de Evaluación de Impacto Ambiental Estratéxico según as normativas: Directiva 2001/42/CEE relativa á evalución dos efectos de determinados Plans e Programas no Medio Ambiente; Directiva 85/337/CEE relativa á avalación de proxectos públicos e privados no medio ambiente, modificada pola 97/11/CEE; Directiva 92/43/CEE que dispón que os estados membros adoptarán as medidas necesarias nas zonas especiais de conservación como Rede Natura 2000 ou espazos naturais para evitar o deterioro do habitat natural e das especies asi como as alteracións que motivaran a designación da zona.

 

ADEGA, Bouzas móvete, Foro Social de Cangas, Luita Verde,  Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, Salvemos Monteferro, Voces polo Litoral de Teis, GAS, Centro Social Revolta e Verdegaia

 

           

AO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

Praza da Estrela, 1

36201 - VIGO

 

 

 

 

Por ser lexítimo o interese, ao amparo da lexislación vixente, en tempo e forma, e como mellor en DEREITO proceda, as persoas que subscriben este DOCUMENTO, a título individual, ou como representantes dos colectivos que se sinalan,  e con enderezo a efectos de notificación en Praza do Progreso 2-2º Cangas 36940,

 

 

COMPARECEMOS,

 

 

e EXPOÑEMOS que a tenor do contemplado na vixente Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que no seu artigo 42. -Obrigación de resolver- 1., párrafo 1º, establece que: A Administración está obrigada a ditar resolución expresa en todos os procedementos e a notificala calquera que sexa a súa forma de iniciación., e 3. -Cando as normas reguladoras dos procedementos non fixen o prazo máximo, este será de tres meses.,

 

POLO CAL,

 

TENDO EN CONTA que non se produciu o preceptivo TRÁMITE DE AUDIENCIA contemplado no artigo 84 da Lei 30/1992, e que O PRAZO de RESOLUCIÓN EXPIROU sen que a Autoridade Portuaria de Vigo se pronunciara no concernente a responder ás ALEGACIÓNS presentadas ao Plan de Utilización dos espazos portuarios -art.96 da Lei 48/2003, de 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral-,

 

SOLICITAMOS:

que a tenor do disposto no artigo 44. -Falta de resolución expresa en procedementos iniciados de oficio-, 2. que establece que: Nos procedementos nos que a Administración exercite potestades sancionadoras ou, en xeral, de intervención, susceptibles de producir efectos desfavorables ou de gravame, producirase a caducidade. Nestes casos, a resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións, cos efectos previstos no artigo 92.,

 

CONSECUENTEMENTE,

 

INSTAMOS á Autoridade Portuaria de Vigo a que proceda á REDACIÓN e TRAMITACIÓN dun NOVO PLAN DE UTILIZACIÓN DOS ESPAZOS PORTUARIOS acorde coas estipulacións das vixentes Leis 27/1992, e 48/2003.

 

 

OUTROSÍ DICIMOS: Por mor do contemplado nas antes citadas Leis 27/1992 e 48/2003, INSTAMOS á Autoridade Portuaria de Vigo a ABSTERSE de programar, iniciar, tramitar, publicitar -con diñeiro público-, etc. calquera tipo de iniciativas, "proxectos", "ILUSIÓNS", concursos, etc. dentro do ámbito da xurisdición portuaria sempre que non se resolva a situación contenciosa apuntada, tendo en conta que NINGUNHA DELAS SERÁ ACORDE co que se poderá contemplar no INEXISTENTE PLAN DE UTILIZACIÓN DOS ESPAZOS PORTUARIOS.

 

SEGUNDO OUTROSÍ DICIMOS: No suposto caso de que por parte da Autoridade Portuaria de Vigo preténdase responsabilizar, culpar, ou utilizar – por e para calquera tipo de xustificación- á totalidade -ou a calquera dos asinantes deste escrito- no referente ao normal funcionamento -ou ao futuro desenvolvemento- do porto de Vigo, ADVERTÍMOSLLES, encarecidamente, que iniciaremos todas aquelas actuacións xudiciais que estimemos oportunas e pertinentes -incluída a QUERELA CRIMINAL- contra todos e cada un dos compoñentes do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo que participen ou sexan coniventes nas resolucións, manifestacións -sexan do tipo que sexan-, ou publicacións -sexa cal fora o medio- nas que nos vexamos involucrados.

 

 

E ASINAN EN VIGO A 26 DE XANEIRO DE 2007:

 

 

ADEGA, Bouzas móvete, Foro Social de Cangas, Luita Verde,  Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, Salvemos Monteferro e Verdegaia

 

NOTA DE PRENSA

Ao fío das informacións aparecidas estes días nas que o alcalde de Moaña negaba a licenza para un novo asteleiro por non estar aprobado o Plan de Usos dos Espazos Portuarios do Porto de Vigo, o Foro Social de Cangas quere lembrar a importancia da aprobación en condicións de dito Plan, documento base para unha ordenación racional e consensuada do litoral da ría.

Débese lembrar que o Plan de Usos debe ser a base dun Plan Especial no que a Autoridade Portuaria consensúe coa autoridade urbanística local, ou sexa, os Concellos, o ordenamento das diferentes zonas.

O Plan de Usos xa era preceptivo dende a entrada en vigor da Lei 27/1992 de Portos do Estado e da Mariña Mercante, en todo este tempo non se ten feito porque destapa claras irregularidades no referente ao uso dos espazos portuarios.

En xullo de 2006 se presenta un Plan de Usos que adoece de importantes erros que foron salientados nas diferentes alegacións presentadas durante a súa exposición pública dende o 11 de setembro ao 11 de outubro de 2006. O prazo para contestar esas alegacións rematou o 12 de xaneiro de 2007 (art. 42 da Lei 30/1992) e non foron contestadas, o que , segundo fontes xurídicas consultadas polo Foro Social, produce a caducidade do Plan e a obriga de proceder a redacción dun novo.

É de salientar que as irregularidades no son soamente cuestións administrativas, xa que, por exemplo, refusa presentar unha Avaliación Ambiental Estratéxica, esixida pola Lei 9/2006, aínda tendo en conta que os espazos portuarios inclúen lugares de importancia comunitaria (L.I.C) da Rede Natura 2000 como la enseada de San Simón, Costa da Vela-Nerga-Barra, Cíes ou Illas Estelas-Monteferro; ou zonas de especial protección para as aves (Z.E.P.A) como Cíes, e a contaminación das augas da ría esta producindo unha severa actuación da Comisión Europea con ameaza de forte multa incluída.

Outra das irregularidades amplamente salientada nas alegacións e a do uso espurio do solo portuario, utilizándose como chan industrial barato dedicado a actividades que poderían perfectamente ter outras ubicacións ou a usos ilegais como se pretende co espazo lúdico-portuario proxectado para Vigo.

No caso da area correspondente ao concello de Cangas, salientamos en primeiro lugar a inclusión fraudulenta por parte da Autoridade Portuaria de Vigo de novas zonas na súa área de servizo:

O 15.04.92 dítase Orde Ministerial referida ao “cuarto proxecto reformado da zona de servizo do Porto de Vigo” que amplía a zona de servizo deste porto incluíndo NOVAS zonas de DPMT que anteriormente non pertencían ao Porto de Vigo. Para a elaboración dese cuarto proxecto, a Dirección Xeral de Portos e Costas, lembráralle á Xunta do Porto de Vigo instrucións sobre a non inclusión de praias na zona de servizo do porto.

Previamente, o 17.12.91 a Dirección do Porto de Vigo emite un escrito sobre a ampliación dos terreos do porto a novos tramos da ría, en base a conseguir unha “unidade de explotación” “defendendo as normas de planeamento de cada municipio e resaltando o interese da Xunta do Porto en salvagardar os intereses puramente costeiros (protección, paisaxe, etc.) en toda a zona non afectada por instalacións portuarias”. Este informe era totalmente falso, xa que dende xaneiro de 1990 (case dous anos antes) unha parte dos terreos (deslinde O. M. do 21.06.74, do nº 42 ao nº 50) xa estaban catalogados como de protección de espazos naturais e, ademais entre os puntos nº 21 a nº 50 existían dúas praias.

A non existencia do Plan de Usos nin dun Plan Especial converte en ilegais proxectos como o do porto deportivo do Salgueirón. Reclamamos unha adecuación á legalidade de todo o ordenamento portuario e do borde litoral da ría para tratar a esta como o que realmente é: o noso ben comunitario mais prezado.

Cangas a 30 de marzo de 2006

FORO SOCIAL DE CANGAS