CANGAS NON SE VENDE

FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

 

VISITA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL AO SALGUEIRÓN

O sábado 17 de marzo, alumnos e alumnas do Colexio Público Froedel de Pontevedra, acompañados de profesores e monitores da Cooperativa de Educación Ambiental Ventos, dentro da campaña "Faise camiño ao andar" organizada polo Concello de Pontevedra, xiraron visita ao entorno natural do Salgueirón.

Percorreron os xardíns de D. Paco, o antigo viveiro de plantas, Cabo Balea e difentes zonas de interés botánico e patrimonial.

Foron acompañados por membros do Foro Social, que lles salientaron os valores ambientais e patrimoniais da zona, en perigo ante a ameaza especuladora.