FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

1.- Enténdese positivo e necesario tecer unha rede de organizacións directamente interesadas na defensa do litoral, co fin de:
- Intercambiar información e experiencias- Lograr que as novas transcendan do ámbito local
- Aumentar a sensibilización social- Difundir alertas temperás e convocatorias de mobilización- Xerar sinerxias que permetan mellorar a capacidade de presión sobre gobernos e empresas2.- A rede, da que non farán parte forzas políticas e sindicais, será horizontal e cunha estrutura mínima (unha persoa de contacto por organización). O protagonismo será das organizacións integrantes. A intención non é construír un aparello burocrático e complicar máis aínda o traballo das e dos activistas das diversas entidades, aumentando o seu calendario de xuntanzas a.3.- A rede terá como elemento central visíbel un sitio web onde as organizacións integrantes poderán colgar as súas novas e denuncias. Este sitio, ademais, recollerá o manifesto fundacional ou documento de bases da rede e unha listaxe de entidades integrantes con ligazóns aos seus respectivos webs (de os ter).4.- Como primeiros labores estabeleceríanse a aprobación do manifesto ou documento de base, a posta en marcha do web e a elaboración dunha primeira "radiografía"/perfil das problemas e ameazas ao litoral galego.