CANGAS NON SE VENDE

FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

Nova concentración dende as 07:30 no Salgueirón.

Seguen sen aparecer máquinas ou obreiros de Puentes y Calzadas.

Onte houbo reunión do Foro coa alcaldesa e os portavoces do grupo de goberno, acordouse solicitar da Autoridade Portuaria de Vigo a denegación da prórroga á data máxima de finalización das obras do porto deportivo, que lembremos, e así o confirmaba o escrito resposta da Autoridad Portuaria ás preguntas formuladas polo concellal de urbanismo, era o 29 de marzo. É evidente que as obras no estarán finalizadas o sábado; e que, en todo o período dun ano da prórroga que obtiveran o ano pasado, tiveron a obra paralizada sen aparente motivación, os camións deixaran de chegar xa en Febreiro e non é posible adxudicar esa paralización a ningún tipo de presión veciñal, como poderán corroborar os informes da Garda Civil de Cangas.

Vos axuntamos o texto do escrito presentado hoxe na Autoridade Portuaria.

Hoxe se celebra, de xeito extraordinario en Cangas,as 20:45 na Estación Marítima, a xuntanza semanal de A RÍA NON SE VENDE, vos invitamos a participar.

Vos manteremos informados.

Cangas 26 de marzo 2008

MARIANO ABALO COSTA

Concelleiro de Urbanismo

Concello de Cangas

Avda. Castelao, 2

36940 - CANGAS

AO PRESIDENTE E AO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN

DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

        En nome e representación do equipo de goberno do Concello de Cangas e estando facultado para dirixirme a Vds, COMPAREZO e EXPOÑO:

En resposta ao seu escrito de data 28/02/08, de Ref.: 621, con Rexistro de SAÍDA Nº 2757 (07/03/08), o cal é resposta á solicitude por min formulada o pasado 25 de xaneiro do presente ano, veño a MANIFESTAR o seguinte:

No citado escrito non se responde á maioría das cuestións formuladas, así, á PRIMEIRA, referente a unha posible prórroga para a execución das obras dun porto deportivo no Salgueirón, respóndese, unicamente, que o prazo para a finalización das obras finaliza o día 29 do presente mes.

Obviase responder a cales foron as condicións de prórroga en cuestión.

No referente ás circunstancias do Plan de Utilización dos Espazos Portuarios da Zona de Servizo do Porto de Vigo, en Cangas, dise que se está estudando a tramitación dun novo prazo de exposición pública do mesmo, sen concretar ningún dos aspectos fundamentais da redacción e tramitación do citado documento.

Obviase un feito fundamental cal é o que a Autoridade Portuaria solicitará informe das Administracións Urbanísticas ...

Tendo en conta que, tal e como se menciona no seu escrito, apúntase a previsión dunha nova planificación, este Concello deberá emitir o preceptivo informe respecto diso.

 No referente aos usos dos terreos en cuestión elúdese responder ás cuestións expostas recorrendo a dicir que os posibles usos da zona quedarán definidos unha vez aprobado o Plan de Utilización dos Espazos Portuarios.

Non se responde a por qué, cómo e cando se cambiou o uso dos terreos, circunstancia que se produciu no ano 2005, sen que conste que se executasen os preceptivos trámites administrativos conformes ás estipulacións da Lei 48/2003, a cal, entre outras cuestións de importancia establece que as concesións só poderán outorgarse para obras, instalacións ou usos que se axusten ás determinacións establecidas no plan especial de ordenación da zona de servizo do porto ou, na súa falta, ao plan de utilización dos espazos portuarios, ...

          É un feito incuestionable que o Porto de Vigo, a día de hoxe, carece dos documentos fundamentais antes citados.

No referente á acreditación da transmisión da totalidade das participacións dos ex-traballadores de "Massó Irmáns, S.A." tampouco se responde fehacientemente.

No referente á transmisión, ou cambio de titularidade se responde que non houbo unha transmisión, que o que se produciu foi un cambio de titularidade, coma se ambas as cousas non fosen o mesmo, esquecendo que o Consello de Administración da APV, na súa sesión ordinaria de data 23 de febreiro de 2001, acordou visto o informe do Director de data 23 do mesmo mes..., como consecuencia do citado informe adoptou a resolución de: "Autorizar a transmisión a favor de CONSERVAS Y FRIGORÍFICOS DEL MORRAZO, S.A. da titularidade das participacións das que son titulares ...".

 No referente á dispoñibilidade dos terreos en cuestión exposta no punto sexto tampouco se responde fehacientemente.

          No referente aos deslindes das distintas concesións, tampouco se responde fehacientemente.

No referente á dispoñibilidade da totalidade dos terreos de dominio público portuario para a construción do porto deportivo, tampouco se responde fehacientemente.

Faise referencia a que as concesións poden ser rexistradas, o cal non se cuestiona. O que si se cuestiona é que unha das concesións, concretamente a leira que figura co Nº 3.402 no Libro de Rexistro da Propiedade de Cangas, aparece rexistrada a favor da entidade mercantil "RESIDENCIAL MARINA ATLÁNTICA, SOCIEDADE ANÓNIMA", en pleno dominio, por título de compra, o cal é total e absolutamente ILEGAL.

Polo exposto, sendo manifesta a conculcación da legalidade vixente, sendo manifesto que os anteriores responsables da APV propiciaron e participaron en actuacións de prevaricación continuada e permanente, e sabedor de que é intención dos actuais responsables da APV outorgar unha nova prórroga para a finalización das obras a realizar ao amparo da concesión outorgada a "Residencial Marína Atlántica, S.A." coa denominación de "Construción e explotación dun porto deportivo no Salgueirón", e a levar a cabo pola empresa Puentes y Calzadas; comínolles a absterse de outorgar calquera tipo de prórroga respecto diso así como a revisar, de oficio, todo o concernente ás concesións que aquí nos ocupan, co apercibimento de que se non asumen o aquí solicitado remitirase toda a documentación obrante respecto diso á Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra solicitando a iniciación dun interdito de paralización de obra. 

Achéganse copias das últimas denuncias presentadas nos xulgados, referentes á irregular e ilegal tramitación de todo o concernente ás concesións que aquí nos ocupan.

 En Vigo, a 26 de marzo de 2008

Fmdo.: Mariano Abalo Costa

Concelleiro de Urbanismo de Cangas