CANGAS NON SE VENDE

FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

A Comisión Coordenadora Xeral de Verdegaia, en xuntanza mantida o día 28 de outubro de 2006 acordou outorgar o 1º Premio Verdegaia á Mellor Actuación Ambiental ao Foro Social de Cangas pola súa defensa do litoral da ría de Vigo. 

O Foro Social de Cangas é un exemplo da forza da cidadanía na defensa da súa realidade. A integración de colectivos achegados dende distintos ámbitos: AA.VV., grupos ecoloxistas, asociacións culturais, comunidades de montes, partidos políticos e sindicatos representa unha esperanza na forza da colectividade. O traballo divulgativo, a denuncia e a acción directa non-violenta teñen sido os sinais de identidade do Foro e merecen a admiración e o respecto de todos aqueles que estamos a traballar na procura dunha Galicia próspera, sustentábel, socialmente xusta, cun territorio ordeado e rica en biodiversidade.

O premio é unha escultura de Acisclo Novo Manzano que sfoi entregada no decurso da Cea "Premios Verdegaia" celebrada o sábado 25 de novembro