FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

|
CONVOCATORIA DE MANIFESTACIÓN PARA O 8 DE XULLO
MANIFESTO
8 XULLO 2006 Esta
convocatoria, realizada pola Confraría de Cangas, O Foro Social, a
Coordinadora pola defensa do litoral do Morrazo, a Plataforma pola defensa
da enseada de San Simón e a Plataforma pola defensa da ría-Cies, ten
como obxectivo esixir as administracións o respecto medioambiental dun
ecosistema que, os científicos o dín e todos o sabemos, atopase en grave
perigo: a ría de Vigo e as súas costas. A
falla das previsións e a deixadez fixeron que non se completase con
efectividade o Plan de Saneamento Integral da Ría, tan reclamado e tamén
tan publicitado durante anos. O
continuos ataques contra o estado natural das ribeiras, as escorrentías
causadas polos incendios e as obras erosionantes das infraestructuras están
a mermar de xeito preocupante a capacidade rexeneradora da ría, que ate
aquí, parece que creiamos inesgotable. A
sentencia por contaminación da Comisión Europea é un aviso grave. Non
se poden pechar os ollos nin tentar tapar a evidencia: se non reaccionamos
imos matar un ecosistema que é o noso ben mais prezado. Mais
de 15.000 empregos dependen directamente del, 9.900 mariñeiros da ría,
1.124 mariscadores e mariscadoras, 2.373 traballadores no mexilón ou na
acuicultura, e 2.109 traballadores en terra. A
quén temos en contra? Aos
concellos, que están mergullados nunha locura urbanizadora e
especulativa, construindo e proxectando casas e mais casas que permanecerán
baleiras sen prever para elas os servizos adecuados e estragando o medio
natural para beneficio duns poucos. Ás
Consellerías de Política Territorial, Pesca e Medio Ambiente, que non
son quen de controlar os ataques ó medio. Á
Autoridade Portuaria de Vigo, a gran especuladora, que compra terreo público
a 0 euros e o vende ou aluga a prezo de ouro. Ahí está o recheo de
Bouzas devorando mais e mais ría. Como
podemos loitar contra eles? Con
unión entre todos nos, entre mariñeiros, ecoloxistas, mariscadoras,
empresarios que viven do mar, cidadáns que queren viver nun entorno limpo
e natural.. Manteñámonos
informados, esixamos a información non manipulada ós medios. Preocupémonos
un mínimo polo entorno e este nos recompensará. Esixindo
o cumprimento das leis, que están ahí e están feitas para procurar
protección medioambental e a igualdade de todos e todas ante as
administracións. Non mais tratos de favor aos poderosos. Denunciémolos. Mobilizándose,
é moi cómodo mirar para outro lado e quedar en casa, pero,
desgraciadamente, eso é o que o que algúns aproveitan. Utilicemos a
liberdade de expresión, non sexamos nos os primeiros en autocensurarnos
por medo. Hai
agresións puntuais que ameazan en este mesmo momento: Esta
obra de Massó, que só o esforzo denodado duns veciños está a parar. O
ilegal porto deportivo da Lagoa, na Guía, con sentencias en contra que
ninguén consegue facer cumprir. Un
recheo inminente de Pescanova en Chapela. A
ameaza dun macro porto deportivo en Canido. Outro
ainda non completamente desbotado en Pescadoira, Bueu. Un
novo proxecto de concesión para frigoríficos no estreito de Rande, en
plena Rede Natura e que aproveita agora no vran para sair a exposición pública. A
ampliación de Aucosa en Redondela. O
recheo de 80.000 metros cadrados mais en Bouzas. A voracidade ilimitada e
mala xestión da Autoridade Portuaria de Vigo, con Abel Caballero ao
frente, cando xa se vendera o porto seco de Salvaterra como ampliación do
espazo portuario. Hai
mais..insistimos: unidade de acción, información, acción xudicial e
ainda que non goste, mobilización. Temos que preparar unha mobilización
ampla en Vigo, a ser posible en Setembro esixindo solucións e
responsabilidades concretas. POLA
DEFENSA DA RÍA E O LITORAL
|
|



